690 cruceristas fan que outubro rompa marcas nas consultas na Oficina de Turismo

A Oficina de Turismo está baixo a escalinata principal do Edificio Arquivo

A Oficina de Turismo está baixo a escalinata principal do Edificio Arquivo

O goberno local informou onte que a Oficina de Turismo de Betanzos pechou o mes de outubro con marca de visitas. “Nunca antes, desde que Turismo contabilizan os datos (2008), se produciron tantas visitas en outubro” salienta un comunicado do executivo local, que asegura que “outubro foi un magnífico mes para o turismo e, por extensión, para distintos sectores da cidade que se ven beneficiados por este, xa que en relación a 2015 se produciu un incremento do 55% canto a número de visitas á oficina de turismo chegando ás 3836 persoas”.

O dato mantén a “liña á alza” dos últimos meses, segundo o executivo local. Do total de outubro, o 58,9% é turismo español, mentres que un 27,9% estranxeiro e un 13,1% é turismo procedente de dentro do propio país galego. 690 cruceristas que pasaron unhas horas na nosa cidade dentro das visitas promovidas polos seus respectivos buques engrosan as cifras de outubro e fan que “por primeira vez houbo máis turistas de Reino Unido que de calquera comunidade autónoma española”, uns 547 visitantes procedentes de calquera dos catro países do Reino Unido- Inglaterra, Gales, Escocia ou o Ulster.

Advertisements