Ferida unha muller nun coche entre tres coches na N-VI en Bergondo

atascoNovo accidente de tráfico en Bergondo, nesta ocasión nun carril rápido da N-VI nas inmediacións do polígono industrial da localidade. O suceso rexistrouse a última hora da tarde de onte,  saldándose cunha muller de 35 anos ferida logo dunha colisión entre tres coches.

Segundo informou o 112 Galicia, a muller ferida, que conducía un dos coches, foi trasladada polos efectivos sanitarios a un centro hospitalario. Varios particulares avisaron do sinistro e indicaron que os vehículos accidentados dificultaban a circulación. Enseguida, o Centro de Atención ás Emerxencias do 112 alertou a Urxencias Sanitarias e aos Bombeiros de Betanzos. Tamén se informou a Protección Civil e á Garda Civil de Tráfico.

Advertisements