Sada ofrece un curso gratuíto para formar novas redeiras

Unha buceta, embarcación tradicional da ría de Betanzos

Unha buceta, embarcación tradicional da ría de Betanzos

Era un deses oficios tradicionais en todas as localidades portuarias, para o que Sada mesmo levantou unha nave, para acubillar ás redeiras das inclemencias do tempo. Co tempo, a nave transformouse nun restaurante, entre outros usos, e o oficio entrou en devalo. Ata que Concello e Confraría de Pescadores decidiron establecer un convenio para a realización do curso gratuito de confección, reparación e mantemento de artes e aparellos de pesca que durará oito meses e que comezará o vindeiro luns 7 de novembro.

Un total de 23 persoas apuntáronse a este curso que só habilitó quince prazas, e para o que terán prioridad os veciños da localidade. O curso impartirase en horario de 16.00 a 19.00 horas na nave de redeiras do porto pesqueiro, que cede a confraría para esta finalidade. O bxectivo desta iniciativa é recuperar o emprego local e os oficios tradicionais do municipio, ademais de potenciar o porto pesqueiro e achegar o pósito aos veciños.  Unha vez realizado este curso os alumnos poderán facer tamén o de capacitación profesional que lles daría a posibilidade de darse de alta como autónomos e conseguir un traballo estable.

Advertisements