O goberno local privatiza a redación da relación de postos de traballo

Diego Fernández é o  concelleiro de persoal de Betanzos

Diego Fernández é o concelleiro de persoal de Betanzos

O Concello de Betanzos sacou a licitación por 30 000 euros o contrato de asistencia técnica e xurídica para o deseño, confección e implantación “efectiva” da Relación de Postos de Traballo (RPT)e para a elaboración dun “plan de ordenación dos recursos humanos do Concello”.

Este segundo contrato chega dous anos despois de que o executivo municipal dedicase ao redor de 20 000 euros a contratar unha consultoría para negociar o convenio laboral e aprobar a RPT e que, finalmente, asesorou sobre o convenio.

A pesar disto, o convenio continúa “secuestrado” segundo denunciaba esta mesma semana a CIG, que advertía que se non entrou en vigor é debido á falta de interese do executivo socialista. A anterior tentativa de refacer a RPT, que segundo o publicado no portal de transparencia data de 2008, foi co orzamento de 2012. Nin nos de 2014 nin no de 2016 que o PSOE aprobou co apoio de BN e CxG se aprobou unha nova RPT, que agora sae a contratación coa empresa privada.

Advertisements