Tiobre celebra as festas do seu patrón esta fin de semana

Igrexa de San Martiño de Tiobre, no Camiño Inglés

Igrexa de San Martiño de Tiobre, no Camiño Inglés

O vindeiro 11 de novembro é a festividade de San Martiño de Tours, patrón da parroquia de Tiobre, que recupera os seus festexos na honra do santo. Así, o templo románico consagrado por Diego Xelmírez acollerá unha misa solemne á unha do mediodía deste sábado, día 12, seguida de procesión. Previamente, desde as doce, dianas e alboradas pola parroquia convidarán aos festexos, que proseguerán con sesión vermú con Latyngala e verbena popular á noiet con Latyngala e Dúo Karamba.

O domingo 13, logo dunha misa solemne ás 12, haberá sesión vermú con Carlos Manteiga. O campo a carón do templo estará cuberto por unha carpa por se chove.

Advertisements