O goberno bergondés quere modificar as normas subsidiarias de costas a veciñanza mentres negocia un futuro plan xeral

Juan Fariña (sentado), voceiro de Anova, e detrás a alcaldesa de Bergondo, Alejandra Pérez (PSOE)

Juan Fariña (sentado), voceiro de Anova, e detrás a alcaldesa de Bergondo, Alejandra Pérez (PSOE)

O goberno bergondés está a tramitar varios cambios nas normas subsidiarias do planeamento urbanístico para, segundo sostén o PSOE, “emendar diversas deficiencias”  debido á “omisión ou falta de concreción na normativa”, corrixindo o que asegura son “erros materiais” ou “incongruencias” entre as normas que foron aprobadas e a planimetría que as acompañou. O executivo informou que xa convocou aos grupos da Corporación para informar da modificación en paralelo á redación do plan xeral, contratada á Unión Temporal de Empresas formada por Jornet-Llop-Pastor, María Ríos Carballeira e Gabriel Jubete i Andreu.

Este equipo técnico realizou varias reunións cos veciños para recoller as súas demandas e colgou varios documentos no Facebook “Bergondo Participa”, pero aínda non presentou a nin o documento de inicio nin a achaiadura previa á aprobación inicial, de maneira que os prazos para a conclusión do documento e a súa aprobación inicial seguen no aire.

Mentres iso acontece, o PSOE bergondés modifica as normas subsidiarias vixentes. Un dos “erros materiais” ou “incongruencias” que pretende modificar é cambiar as normas no entorno da rotonda de San Cidre, onde pretende permitir a construción dun supermercado e unha zona residencial, autorizando tamén o cambio de usos do obradoiro de xoiaría Balcarsa para permitir a apertura dun xeriátrico.

Ademais, a modificación inclúe ampliar os  núcleos urbanos existentes. As normas subsidiarias en vigor só inclúen Guísamo, e a proposta do PSOE pasa por corrixir a “incongruencia” e ampliar os núcleos urbanos a Bergondo (actualmente nucleo rural en solo urbano) e Miodelo, Moruxo e a costa de Ouces, que pasarían a núcleos rurais en solo urbano. Os cambios afectan tamén á normativa relativa aos criterios de medición de alturas, os usos compatibles nas distintas ordenanzas de chan urbano e enmarca os cambios na necesidade de actualizar as normas á lexislación.

Advertisements