O Supremo avala a denegación da licenza de ampliación do tanatorio abegondés, para o que Santiso modifica o PXOM

José Antonio Santiso Miramontes  é o alcalde de Abegondo

José Antonio Santiso Miramontes é o alcalde de Abegondo

O Tribunal Supremo ratificou a anulación dunha licenza para ampliar o tanatorio de Abegondo. O fallo confirma unha sentenza anterior do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que tamén desestimara o recurso presentado polo tanatorio contra a denegación de licenza por parte do Concello.

O executivo de Santiso Miramontes (PP) denegou no seu día o permiso de acordo á clasificación do chan prevista no Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), anulado agora por un fallo xudicial. O Supremo dá a razón ao Concello abegondés na anulación da licenza.

Porén, o propio Concello tramita xa unha modificación do anulado PXOM precisamente para cambiar a clasificación do chan do tanatorio de modo que poida realizar a ampliación solicitada. O Concello impulsou esta modificación logo de emitir unha instrución na que debían suspenderse os “actos de xestión urbanística en tramitación” no entanto o plan xeral seguise anulado. O Concello recorreu a anulación do proxecto urbanístico.

Advertisements