348 nenos benefícianse do programa municipal de comedor escolar e madrugadores

Imaxe do CEIP Vales Villamarín

Imaxe do CEIP Vales Villamarín

O goberno local informou que este ano subvenciona o servizo de comedor e madrugadores a 173 alumnos con axudas que en función da renda per cápita, van desde o 20% ao 100% do custo do servizo. “Tamén hai importantes bonificacións para familias con dous/dúas irmáns/ás, que chegan ao 70% para o/a segundo/a irmán/á e por familia numerosa cunha bonificación dun 60% cada alumno/a” salienta o comunicado remitido polo goberno local.

“Para familias en risco de exclusión social a subvención chega ao 100%. Para estas axudas o Concello reservou unha partida de 42 000 euros” explican. Engaden que son 348 os nenos acollidos a este programa, que supoñen 70 máis que o pasado ano. “O prezo do comedor é de 69,30 euros todo o mes IVE incluído” recordan, se ben matizan que “tamén se pode utilizar o servizo por días, de forma illada, estipulando os prezos por día en función das necesidades de cada familia, podendo ir catro días a semana, tres, dous ou un día solto ou de carácter esporádico”.

O programa desenvólvese no colexio público da localidade.

Advertisements