Santiso quere mandar de prácticas a Alemaña aos mozos de Abegondo

José Antonio Santiso Miramontes  é o alcalde de Abegondo

José Antonio Santiso Miramontes é o alcalde de Abegondo

Vente a Alemaña, Pepe. Ou con Pepe, mellor dito. O rexedor abegondés, José AntoniO Santiso Miramontes, parece querer que os mozos do municipio emulen a Alfredo Landa no filme de Lazaga e busquen no país teutón oportunidades de emprego. Trátase dunha iniciativa enmarcada nun programa con oito países europeos, que deu co rexedor conservador en Alemaña esta semana, concretamente na cidade de Detmold, co obxectivo de deseñar novas políticas de mocidade e emprego e intercambiar experiencias.

Santiso encabeza a delegación do Concello, acompañado polo concelleiro de Educación e Cultura, Luís Freire, e polo axente de emprego e desenvolvemento local do Concello de Abegondo. Abegondo acordou co municipio alemán de Detmold promover estancias de prácticas en empresas a través do programa Galeuropa.

Advertisements