Festas patronais en Tiobre, tango e graffitti para a fin de semana

Unha vista dos xardíns do IES Francisco Aguiar

Un graffitti no silo dos xardíns do IES Francisco Aguiar

Hoxe é o día de San Martiño. A parroquia de Tiobre recupera a celebración dos seus festexos patronais. Mañá e o domingo haberá misas solemnes, procesión e música a cargo de Latyngala (sábado, verbena e sesión vermú) e Carlos Manteiga (sesión vermú). Unha carpa gorecerá da chuvia se fai acto de presenza.

A oferta de lecer da fin de semana é ampla. Ración dobre de música este venres. No Salón Azul do Edificio Arquivo desde as oito do serán coa presentación do disco “Travesía” e do libro  “Preludios Atlánticos. Ensayos sobre música y comunicación”, do músico e investigador Javier Ares Yebra.  E a partir das dez e media, o xa tradicional concerto do Café Lanzós, na praza homónima, correrá a cargo do grupo VOODOO, que ofrecerá “un poquito de rock”.

Máis música haberá o domingo, dentro dos actos do XLVIII Festival Santa Cecilia que organiza a Coral Polifónica terá lugar o espectáculo “Tango en Galicia” por conta da Compañía Marco González Tango Argentino.

Se buscas un plan diferente, o sábado desde primeira hora da mañá celébrase a final do Xuventude Crea de graffitti no polideportivo municipal. E se es futboleiro e deportivista aínda estás en tempo de retirar a túa invitación e asistir á festa para celenbrar o V aniversario da Peña Deportivista Brigantium, cun xantar no Matadoiro ao prezo de 5 euros socios, 50 non socios, 12 nenos, con menú infantil especial. Os convites poden retirarse no Bar Vázquez (Saavedra Meneses) ou contactando coa peña.

Ademais, tes estas mostras abertas:

  • Exposición de obra gráfica da artista Alejandra Lago
    Do 1 ao 30 de novembro, na Fundación CIEC desenvolverase a exposición de obra gráfica da artista Alejandra Lago (Madrid, 1967) ganadora do X Premio Internacional de Arte Gráfico 2015. Horario de visitas, de martes a sábado de 10:00 h a 14:00 h e 16:00 h a 20:00 h.
  • Exposición titulada “Meigas, sabias e mulleres boas”
    Do 13 de outubro ao 13 de novembro, na Sala de Exposicións Jesús Núñez do edificio Liceo da ceramista Carme Romero organizada pola Asociación Cultural Eira Vella de luns a venres en horario de 10:00 h a 14:00 h e de 19:00 h a 21:00 h, e os sábados, domingos e festivos de 12:00 h a 14:00 h.
  • Mostra bibliográfica sobre o autor de libros infantís Charles Perrault
    Do 1 de novembro ata o 31 de decembro, na Biblioteca Municipal de Betanzos A. Castelao desenvolverase a Mostra bibliográfica sobre o autor de libros infantís Charles Perrault, en horario de luns a venres de 10:00 h a 14:00 h e de 16:00 h a 21:00 h, e os sábados de 10:30 h a 13:00 h.

 

Advertisements