O goberno local pavimenta camiños de acceso a explotacions agrarias pero non lles rebaixa o IBI

Unha horta da comarca de Betanzos

Unha horta de Betanzos

O executivo local deu estes días unha de cal e unha de area aos produtores agrícolas que quedan no municipio brigantino. Así, o goberno betanceiro anunciou que ven de concluír as obras de mellora de viarias na zona rural, dentro dun programa de mellora de accesos a explotacións agrarias 2016 financiado a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do PDR de Galicia 2014-2010. En concreto, a mellora de viarios executouse no de Requián a Guiliade e da Graña-Casa Grande, nos que se investiron 54 337 euros. Deles, 44 867 euros recibíronse a través da axuda do FEADER.

Pola contra, a pavimentación de viais de acceso a explotacións agrarias non foi acompañada da bonificación do 95% do IBI para os inmobles con uso agropecuario que propuxo na última semana o BNG e que onte levou como emenda ao pleno extraordinario urxente que debatiu os cambios na contribución para o vindeiro ano. O executivo rexeitou a enmenda do BNG para bonificar aos productores do sector primario polo catastrazo.

Advertisements