O segundo verquido ao Callou desde Piadela nunha semana crispa os ánimos na comarca

A ría de Betanzos  no Pedrido

A ría de Betanzos no Pedrido

Un novo verquido de hidrocarburos ás augas do río Callou tivo lugar onte, facendo dous no que vai de semana. Nesta ocasión o derrame, químico segundo os indicios, tivo lugar moi cerca da orixe do verquido do pasado venres, tamén no polígono de Piadela. Tras a alerta dun particular desprazáronse ata o punto efectivos de Protección Civil e da Policía Local e técnicos de Control de Vertidos da Xunta.

Para o goberno local de Bergondo, as augas baixaban do parque empresarial de Piadela, desde onde se produciu un derrame de carburante o pasado día 4. Naquela ocasión foi preciso instalar barreiras anticontaminación e mantas absorbentes. Denuncian que a auga presentaba unha cor esbrancuxada e que tiña un forte cheiro a químico.

Para os seus homólogos betanceiros, compañeiros de filas do PSOE, o asunto debe carecer de importancia, pois non recabaron datos sobre o verquido ou a súa procedencia malia que se sinala que provén do polígono industrial betanceiro por segunda vez nunha semana.

A Consellería de Medio Ambiente, pola súa banda, sostivo que se tratou dun vertiquido de aceite industrial da rede de pluviais do parque empresarial, o que sitúa a responsabilidade sobre o tellado do equipo de goberno betanceiro. O departamento autonómico minimizou a afección e recalcou que se tratou dun derrame puntual. A Xunta prosegue as investigacións e asegura descoñecer de momento a orixe, mentres os técnicos de Control de Vertidos foron os encargados de dirixir o dispositivo e seguiron a canle do río ata o municipio de Betanzos para tratar de dar co foco no polígono de Piadela.
O Goberno local de Bergondo lamentou os “graves danos que poden causar estas condutas inaceptables” e expresou a súa confianza en que a Xunta “actúe con firmeza”. Os últimos episodios contaminantes manteñen en albas á cofradía de pescadores de Miño. A súa patroa, María José Crespo, acudiu á zona nada máis ser alertada. O pasado sábado, tras trascender o primeiro verquido desta semana, o BNG demandou contundencia cos causantes dos verquidos en canto se determine a autoría. Advertían os nacionalistas dos danos que estes verquidos causan na ría, nos postos de traballo que dela dependen e na saúde das persoas que viven en torno á bacía da ría.

Advertisements