Os centros sociais de Bergondo darán wifi gratuíta

O edificio da Senra onde se celebrará a Asamblea

O edificio da Senra 

Todos os centros sociais do Concello de Bergondo ofrecerán servizo gratuito de acceso a internet aos seus usuarios. A maioría dos locais terá acceso a través de 4G, xa que só na Senra, na casa da Cultura, en Cangas e en Guísamo puido instalarse ADSL. Os centros sociais de Mariñán, Lubre, Santa Marta de Babío, Vixoi e Guísamo puxeron xa en funcionamento este servizo, mentres que os de Cangas, Cortiñán, Fiobre, A Senra e a Casa da Cultura de Bergondo aínda están no proceso de tramitación.

A medida foi pactada entre o goberno do PSOE e Anova, que continúa esfollando a margarida para entrar no executivo local.

Advertisements