Xornada de troco de xoguetes e libros infantís na OMIX de Coirós

Fachada do Concello de Coirós

Fachada do Concello de Coirós

A Oficina de Información á Xuventude (OMIX) de Coirós programou para o domingo, 27 de novembro, unha xornada de troco dexoguetes e libros infantís e xuvenís. O acto será no centro de Servizos Sociais e, para participar, os interesados deben inscribirse na OMIX antes do martes 22, no número de teléfono 981 796 088. Os nenos de ata doce anos poderán intercambiar un máximo de dez artigos nesta iniciativa. O horario da xornada será de 16.30 horas a 19.30 horas.

Advertisements