As actitudes antidemocraticas de Cacheiro cústanlle a Oza-Cesuras 700 euros

Cacheiro xunto a Núñez Feijóo. Imaxe de La Opinión de A Coruña

Cacheiro xunto a Núñez Feijóo. Imaxe de La Opinión de A Coruña

Oza-Cesuras perderá de investir uns 700 euros en servizos ou activides municipais para pagar as costas dun xuízo. Pero non era un pleito por unha expropiación para o Camiño Real ou unha factura non abonada, senón que se debe a un contencioso pola negativa do alcalde, o popular Pablo González Cacheiro a permitir que os edís da oposición poidan consultar documentación municipal para exercer a súa obriga de controlar a acción do goberno local. E a cousa puido ser peor, porque o PSOE salvou ao rexedor dunha condea e un desembolso maior ao pactar no último momento un amaño antes de que o xuíz dictara sentenza.

As queixas dos dous grupos da oposición en Oza-Cesuras ante a actitude do rexedor son unha constante desde que Cacheiro sucedeu ao seu sogro á fronte do consistorio, primeiro en Oza e logo no municipio fusionado. Trabas para acceder á documentación, vetos a debatir as iniciativas plenarias presentadas pola oposición e unha web de transparencia que non dá ningunha información son denuncias que practicamente aparecen en cada pleno que celebra a Corporación. De feito, mesmo a convocatoria de plenos extraordinarios en lugar dos que a lei obriga a celebrar periodicamente onde todos os grupos poden presentar iniciativas é outra das recorrentes denuncias.

O PSOE optou por presentar un recurso contencioso-administrativo en outubro de 2015 logo de que se lle denegase o acceso a documentación municipal tras solicitalo por rexistro. González Cacheiro denegoullo e ás portas de resolver o xuíz, o PSOE anunciaba onte que chegaran a un amaño co executivo, que agora comprometeuse a entregar a documentación solicitada hai nada menos que dous anos e correrá coas costas do proceso, fixadas en 700 euros. “A falta de talante democrático do alcalde supoñerá un gasto de setecentos euros, pola súa insistencia en negarnos unha información á que temos dereito”, lamentaba onte a socialista Pilar Pedreira.

O PSOE celebra que o alcalde do PP “ceda na súa actitude obstruccionista”. Confirman que a documentación poderán vela “entre os días 14 e 18 de novembro de 8.30 a 9.00 horas”, un horario que pon en cuestión a fin desa “actitude obstruccionista”. Malia iso, o PSOE optou por pactar co PP a retirada do pleito e salvar a Cacheiro dunha condea xudicial polo seu carácter dictatorial.

Advertisements