O Kwon gaña 11 medallas na Copa Cidade da Coruña

Taekwondo_pictogram.svgOnce medallas conseguiu o Clube Kwon na Copa Cidade da Coruña de taekwondo, un dos campionatos de ranking celebrado esta pasada fin de semana no Coliseum coruñés. En total, nas categorias de pre-cadetes e infantís foron 9 os representantes do clube, amosando avances positivos con respecto a anteriores citas. Na quenda de tarde competiron os cadetes-xunior, con outros 9 representantes, que se meteron en 5 finais, das que gañaron 3, e outra perdérona por decisión tras empatar en todo durante 4 asaltos.

En total foron 11 medallas: 3 de ouro (Lucas Mahía, Andrea Cortés e Izan Prego), 4 de prata (Anahi Schmidt, Franz Carro, Laura Penas e Hugo García) e 4 de bronce (Irati Pérez, Serafín Vázquez, Tania Cortés e Diego Roca).

Advertisements