O PP bergondés reclama convocar a comisión de verquidos tras expedientar a Xunta ao matadeiro de Montellos

Praia do Regueiro (Bergondo), unha das praias nas que o baño está desaconsellado

Praia do Regueiro (Bergondo), unha das praias nas que o baño está desaconsellado

O PP de Bergondo esixe ao Concello que convoque a comisión de verquidos e “poña os medios necesarios que permitan solucionar un problema que afecta a gran parte do municipio”. Os populares fan esta demanda “despois de que a Consellería de Medio Ambiente expedientara esta semana ao matadeiro de Betanzos polos seus verquidos ao río Callou. Os conservadores relatan que no último ano repetíronse os vertidos en Gandarío, o Regueiro e o río Maior”.

Segundo a portavoz do PP, Noelia Fernández, “o problema radica en que o Concello carece dunha normativa municipal coa que poder facer fronte e actuar en caso de verquido”. Critica que o goberno local afirmou telo en febreiro e aínda non o levou a pleno.

Advertisements