Unha fraude eléctrica destapa unha plantación de 89 pés de marihuana en Abegondo

O cuartel da Garda Civil de Betanzos, na praza Alfonso IX

O cuartel da Garda Civil de Betanzos, na praza Alfonso IX

A Garda Civil de Abegondo detivo o martes a un mozo por ter 89 plantas de marihuana de entre 15 e 30 centímetros. O 13 de novembro os axentes recibiron unha denuncia por unha suposta defraudación eléctrica que ascendería a 6000 euros e a ocupación ilegal dun inmueble en Meangos, segundo informou onte o instituto armado nun comunicado.

Os axentes de Garda Civil iniciaron as investigacións e descubriron que nese lugar había unha plantación de marihuana. Por este motivo, dispúxose un operativo entre a Garda Civil de Abegondo, Betanzos e Curtis que deu como resultado a detención do responsable da plantación de marihuana. O detido pasou a disposición xudicial ante o Xulgado de Instrución número 1 de Betanzos. O detido é un home de 26 anos, cuxas iniciais son J.A.R.C. A Garda Civil acúsalle de ser o autor dun delito contra a saúde pública por cultivo ilegal de marihuana.

Advertisements