Falece o home que envorcara co seu 4×4 en Coirós o mércores

O campanario de Espenuca, en Coirós

O campanario de Espenuca, en Coirós

O home que envorcou co seu coche en Coirós o pasado mércores pola noite faleceu onte no hospital da Coruña. O home, tras o sinistro, estaba consciente e a súa familia non esperaba o fatal desenlace. Practicaráselle a autopsia para determinar se tivo lesións internas polo accidente. Este veciño da Espenuca circulaba co seu vehículo todo terreo o pasado mércores, quince minutos antes das oito da tarde, pola estrada que une Santiago de Ois e A Espenuca en Coirós. Saíu da calzada e envorcou, quedando atrapado no interior do turismo.

Ao parecer varios veciños intentaron sacalo do interior do coche sen éxito, tras romper un dos cristais de diante. Despois chegou ao lugar unha dotación de bombeiros do parque comarcal de Betanzos e unha ambulancia, para excarcelalo e trasladalo a un centro sanitario. Os bombeiros lograron acceder ao interior do vehículo tras utilizar o equipo de excarcelación e liberárono, polo que puido ser trasladado a un centro hospitalario para ser avaliado e atendido das súas feridas.

Advertisements