O Concello de Betanzos asina un convenio de 2000 euros con ASPACE para un taller de cerámica

eurosO director de Aspace, Eulogio López; xunto co alcalde de Betanzos, José Ramón García, asinaron onte un convenio de colaboración para axudar a financiar o taller de cerámica que imparte esta entidade e que beneficiará a trinta persoas con parálise cerebral do centro de día e a residencia. Con este acordo o Concello de Betanzos aportará 2000 euros anuais a este taller onde os usuarios poden elaborar as súas propias pezas de cerámica, unha actividade que fomenta a súa capacidade creativa e mellora a súa comunicación ademais da súa autonomía e motricidade.

Advertisements