O PP alerta da perigosidade da escaleira que une Rúa Nova coa Travesía da Torre

Aspecto das escaleiras entre a rúa nova e a travesía da Torre

Aspecto das escaleiras entre a rúa nova e a travesía da Torre

O PP fixo públicas as súas queixas polo mal estado da Rúa Nova. Queixase do estado no que se encontran as escalinatas que unen esta rúa coa Travesía da Torre. Os populares critican que despois de trasladar estas deficiciencias ao Pleno pasado o executivo municipal continua sen colocar as pantallas de cristal protectoras nas barandillas alí ubicadas provocando unha situación de perigro para os nenos que poidan xogar nesa zona.

Manifiestan tamén as súas queixas pola falta de limpeza existente e que provocou o aumento do verdín nas escaleiras, xerando esbaróns e caídas.O grupo popular anunciou que trasladará á próxima sesión plenaria todas estas deficiencias.
Advertisements