Augas de Galicia asina en 2 meses 66 convenios para darlle 30 millóns de euros a concellos do PP

Vista aérea da planta de tratamento de auga do Coto

Vista aérea da planta de tratamento de auga do Coto, obxecto do convenio entre Augas e o Concello

O DOG num 209 do 3 de novembro de 2016 publica os convenios de colaboración subscritos pola entidade pública Augas de Galicia con diversos concellos galegos. Segundo estes datos, entre o 13 de xuño e o 31 de agosto deste ano o ente autonómico asinou un total de 66 convenios, dos que a inmensa maioría, 57, foron asinados con concellos gobernados polo PP. Suman en total 30 461 418,05 euros.

Ademais desta aplastante diferenza no trato a diversos municipios, as contías máis grandes son as que perciben os municipios gobernados polos conservadores. Así, en razón ao importe, poden destacarse os asinados coa Laracha (2.000.000), O Boqueixón (1.000.000), Cotobade 1.850.000), Arteixo (1.000.000), Foz (8.000.000), ou Pontedeume (4.300.000).

No territorio das históricas Mariñas dos Condes, a contía máis grande é a de Pontedeume, seguida de Betanzos, con un millón de euros, Abegondo con 300 000 euros e Coirós con 200 000. Só Betanzos non está gobernado polo PP. Na relación de municipios publicada no DOG non hai concellos rexidos por outras forzas políticas que non sexan PSOE ou PP. A contía de Betanzos, ademais, é a máis alta das outorgadas discrecionalmente a municipios non gobernados polo PP.

“Da información publicada dedúcese que Augas de Galicia actúa dunha maneira escurantista, partidista e arbitraria na distribución dos seus fondos, favorecendo a concellos gobernados polo PP e discriminando concellos doutros signos políticos” indican desde o BNG, que presentou unha batería de iniciativas no Parlamento a conta destes datos.

“Chama ademais a atención o feito de que estes convenios se asinaran en datas próximas a convocatorias electorais xerais e autonómicas” indican, demandando explicacións ao goberno. “Que criterios se seguen para elixir os concellos beneficiarios destas axudas públicas” e “por que a maioría dos concellos beneficiarios están gobernados polo PP” son algunhas das cuestións que os nacionalistas reclaman a Feijóo que aclare en sede parlamentaria.

Esta é a relación de convenios, segundo municipio, contía e partido do goberno local:

Foz (PP): 8.000.000
Pontedeume (pp): 4.300.000
A Laracha (PP) 2.000.000
Cotobade (PP) 1.850.000
Betanzos (psoe) 1.000.000
O Boqueixón (PP) 1.000.000
Valga (PP) 930.000
Noia (PP) 900.000
Frades (PP) 800.000
Cospeito (PP) 733.650, 71
Vedra (PP) 700.000
Outeiro De Rei (PP) 600.000
Ourense (PP) 600.000
Crecente (PP) 555.000
Castro De Rei (PP) 500.000
*CONSORCIO Louro E Mos (pp) 500.000
Porto Do Son (PP) 451.059, 54
*Consorcio Louro e O Porriño (PSOE) 425.000
Trazo (PP) 415.000
A Peroxa (PP) 411.129, 52
Sober (PP) 405.000
Fisterra (psoe) 382.969,79
Salvaterra (PP) 365.000
Celanova (PP) 360.000
Mos (PP) 350.000
Lobios (PP) 350.000
Paradela (pp) 350.000
Riós (PP) 348.299, 81
Ortigueira (PSOE) 341.043, 96
A Gudiña (PP) 304.912
Abegondo (PP) 300.000
Dodro (PP) 250.000
Ribeira (PP) 225.000
Oímbra (PP) 204.735,52
Cerdedo (PP) 202.630,95
Lousame (PP) 200.000
Cervo (PP) 200.000
Baltar (PP) 200.000
Friol (PP) 200.000
Coirós (PP) 200.000

Advertisements