A Gala das Irmandades da Fala abre unha fin de semana moi musical

Bandeira das Irmandades da Fala de Betanzos, custodiada no Museo das Mariñas

Bandeira das Irmandades da Fala de Betanzos, custodiada no Museo das Mariñas

Esta tarde, desde as oito e media do serán, a Aula de Cultura do Edificio Arquivo acollerá a Gala das Irmandades da Fala, dentro do programa DAC_Outono Cultural da Deputación da Coruña. Contará coa presenza de artistas como O Mago Teto, Caxade, Mónica de Nut+Ánxela Blanco, Os Quinquilláns, Luís Iglesias e Xavier Deibe, xunto co Grupo Azougue da Escola Municipal de Foclore de Betanzos. A gala veu precedida de actividades en torno a esta efeméride tamén no CEIP Vales Villamarín e no IES Francisco Aguiar. Desde as dez e media da noite tomará o relevo o Café Lanzós, cun concerto de Ejazz de xénero evidente.

Máis música o sábado e o domingo dentro do XLVIII Festival Santa Cecilia organizado pola Coral Polifónica. O sábado, desde as oito do serán na Aula de Cultura, erá lugar o encontro de corais ca participación da Coral Polifónica de Melide, Agrupación Coral Voces del Bierzo de Ponferrada e a Coral Polifónica de Betanzos. Unha hora antes e no mesmo escenario, o domingo será o turno do concerto piano e voz por conta do Dúo Mara formado por profesores da Escola Municipal de Música do Concello de Valga (Pontevedra).

O sábado, a ACLP Roxín Roxal organiza, desde as oito da tarde, no Cine Alfonsetti a representación teatral da obra “Espírito Burlón” interpretada polo grupo de teatro eumés DCTQ. A entrada é gratuíta.

Ademais, o sábado ás once da mañá terá lugar unha visita guiada ao Museo das Mariñas, con punto de reunión para a saída na entrada do Museo das Mariñas. Prazas limitadas. Para máis información e inscricións na propia Oficina de Turismo.

 

E tres mostras completan a oferta cultural:

  • Exposición de obra gráfica da artista Alejandra Lago
    Do 1 ao 30 de novembro, na Fundación CIEC desenvolverase a exposición de obra gráfica da artista Alejandra Lago (Madrid, 1967) ganadora do X Premio Internacional de Arte Gráfico 2015. Horario de visitas, de martes a sábado de 10:00 h a 14:00 h e 16:00 h a 20:00 h.
  • Mostra bibliográfica sobre o autor de libros infantís Charles Perrault
    Do 1 de novembro ata o 31 de decembro, na Biblioteca Municipal de Betanzos A. Castelao desenvolverase a Mostra bibliográfica sobre o autor de libros infantís Charles Perrault, en horario de luns a venres de 10:00 h a 14:00 h e de 16:00 h a 21:00 h, e os sábados de 10:30 h a 13:00 h.
  • Exposición do artista betanceiro Luis Galán titulada “Betanzos, según como se mire”
    Do 16 ao 30, desenvolverase a exposición de ilustracións vectoriais do artista Luis Galán (Betanzos, 1965) titulada “Betanzos, según como se mire”, dentro do XLVIII Festival Santa Cecilia organizado pola Coral Polifónica de Betanzos, na Sala de Exposicións do edificio Liceo, en horario de 10:00 h a 14:00 h e 19:00 h a 21:00 h
Advertisements