O PP demanda máis iluminación na rúa do Valdoncel

O voceiro do PP, José Ángel Rodríguez

O voceiro do PP, José Ángel Rodríguez

Calcando unha iniciativa que os nacionalistas levaron a pleno cando se substituíron as farolas tradicionais por ledes, o PP demanda a mellora da iluminación na rúa do Valdoncel. Aseguran que “diferentes colectivos veciñais e locais desta zona” reclamáronlles esta actuación, que foi demandada “en máis dunha ocasión ao executivo municipal”.

O PP asegura que as queixas veciñais “caen nese saco roto que posúe o goberno local socialista” e anuncian que levarán a cuestión ao vindeiro pleno, o martes que ven para forzar “que estas queixas veciñais sexan atendidas e non se queden encima da mesa como está ocorrendo coa maioría das demandas”.

Para os populares brigantinos estas situacións que se dan en numerosas zonas do municipio son “algo xa habitual no executivo socialista”, e estase convertendo en todo un costume por parte do goberno o “nin escoitar nin atender as peticións dos betanceiros”. O PP asegura que “claramente” o alcalde só “está para que vaia pasando o tempo o máis rápido posible e poder retirarse, estratexia esta por parte dos seus concelleiros, que obviamente prexudica ao avance, crecemento e benestar de Betanzos”.

Advertisements