Un clube de taekwondo coreano é recibido polo alcalde

Taekwondo_pictogram.svgO alcalde de Betanzos, Ramón García Vázquez, e o concelleiro de Deportes, Andrés Hermida, recibiron no Salón Azul do Edificio Arquivo a representantes dun club de Taekwondo da cidade de Muju, en Corea do Sur, que elixiron Betanzos para ofrecer unha exhibición deste deporte dentro dunha xira que están a realizar por distintas cidades de España.

A delegación coreana estaba encabezada polo alcalde de Muju quen entregou un Dobok ao primeiro edil betanceiro en recordo da visita. García Vázquez regalou á delegación coreana un debuxo Luís Galán dun dos símbolos da cidade: A diana Cazadora, así como varios recordos s os nenos do club que se desprazaron ata Betanzos.

Advertisements