Betanzos acollerá en decembro o I Foro Labrego de Agroecoloxía

Unha horta da comarca de Betanzos

Unha horta da comarca de Betanzos

A Asociación Herbamoura, coa colaboración do Sindicato Labrego Galego e o financiamento da Deputación da Coruña, organiza para o vindeiro domingo, 4 de decembro, o I Foro Labrego de Agroecoloxía, que se celebrará en Betanzos. Alí, a través do diálogo e o intercambio de ideas e experiencias, “tentarase contribuír a afianzar un movemento cada vez máis forte que tenta que a agricultura galega tome vieiros en consonancia con conceptos como a soberanía alimentaria, o respecto ao medio ambiente, a aposta polas producións locais, a relación directa entre a xente labrega e a consumidora ou o facer da alimentación unha fonte de saúde”, segundo apuntan dende a organización.

O evento terá lugar no Matadoiro da Ribeira, e contará con mesas redondas sobre o potencial da agricultura ecolóxica, exemplos de proxectos agroecolóxicos que mudaron os modos de produción, unha cata de produtos ecolóxicos e unha mesa de organizacións labregas que apoian a agroecoloxía.

Advertisements