Alumnado do IES Francisco Aguiar inaugura unha mostra colectiva de fotografía retrospectiva

Vista de arquivo do campo da Feira Nova, cos plátanos recén plantados

Vista de arquivo do campo da Feira Nova, cos plátanos recén plantados

“Betanzos histórico. Así eramos/así somos” é o título da exposición que se inaugurará mañá no Liceo para dar a coñecer o traballo realizado por alumnos de terceiro da ESO do IES Francisco Aguiar. A iniciativa forma parte do programa Fotografa en curso, organizado en colaboración co CGAI e consiste en contrastar imaxes antigas do casco antigo de Betanzos con outras dos mesmos lugares realizadas polos propios estudantes para mostrar a evolución da localidade, para o que recibiron nocións de fotografía.

Advertisements