Betanzos Novo vota en contra de que o Concello adquira a Casa Gótica

Hipólito Pérez é o voceiro de Betanzos Novo

Hipólito Pérez é o voceiro de Betanzos Novo

A Corporación municipal de Betanzos aprobou a proposta do PP de adquirir e rehabilitar a denominada Casa Gótica, o número 5 da Rúa da Cerca levantado no século XV para vivenda do rexedor Lopo García de Vilousaz e considerada a casa máis antiga da cidade. O goberno local desvelou neste punto que ven mantendo reunións co propietario, que foi xulgado e absolto dun delicto contra o patrimonio histórico por botar abaixo o inmoble. Betanzos Novo votou en contra de que o Concello adquira este singular e histórico inmoble. O seu voceiro, Hipólito Pérez, manifestou que comprar a casa sería premiar ao propietario que deixou arruinarse o edificio. Asegurou que o Concello non está para comprar inmobles e preguntou se tería que adquirir todos os edificios arruinados pola desidia dos seus propietarios.

O pleno aprobou por unanimidad a proposta do executivo de pedirlle á Xunta que modifique o pantalán do porto para colocar a rampa en paralelo para que teña menos pendente, e ampliala para que ademais das piraguas poidan usala outras embarcacións. Tivo tamén luz verde a moción conxunta de BNG, PP, BN e BeC, para instar ao Executivo a finalizar a tramitación do expediente do convenio colectivo do persoa laboral e levar xa a pleno o novo convenio. Aprobouse a declaración de María Pita coa abstención do PP, inspeccionar o Complexo San Roque e pedir a transferencia da AP-9.

Advertisements