Música, teatro, cinema e feminismo para a fin de semana

A Oficina de Turismo está baixo a escalinata principal do Edificio Arquivo

O Salón Azul está no primeiro andar do Edificio Arquivo

A axenda de lecer desta fin de semana trae actos variados e para todos os públicos. A oferta comeza este serán ás oito e media no Salón Azul do Liceo, onde o BNG das Mariñas organiza un videofórum sobre o sexismo na publicidade comercial. Participará na mesma a deputada Noa Presas. Esta actividade é complementaria a unha mostra que leva unha semana xa no Liceo, no corredor contiguo ao Salón Azul, tamén sobre publicidade sexista. Son actos organizados polo BNG dentro da súa campaña en torno ao 25 de novembro, Día contra a Violencia Machista.

Ao remate deste acto pode optarse por enlazalo co xa tradicional concerto dos venres do Café Lanzós, que nesta ocasión correrá a cargo de Paul Álvarez Trío y Marian Ledesma.

O sábado, novamente ración dobre. Os máis pequenos teñen unha cita ás sete da tarde na Libraría Biblos, para escoitar á poeta coruñesa Berta Roca co seu conto infantil “Luisito zurdo ” por medio dun divertido contacontos. O libro está ilustrado por Nuria Santana Sanjurjo.

Unha hora máis tarde na Aula de Cultura do Liceo terá lugar a representación teatral da obra “Don Quixote, unha comedia gastronómica” interpretada pola compañía Limiar Teatro, dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC.

E o domingo, desde as cinco e media, os máis pequenos teñen cine no Alfonsetti coa proxección de “Cars 2” dentro da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Ademais, permanecen abertas as seguintes mostras:

  • Exposición de fotografía realizada polo alumnado do IES Francisco Aguiar titulada “Betanzos histórico. Así éramos, así somos”. Do 2 ao 18, na Sala de Exposicións Jesús Núñez do edificio Liceo terá lugar a exposición de fotografía realizada polo alumnado do IES Francisco Aguiar titulada “Betanzos histórico. Así éramos, así somos”, en horario de 10:00 h a 14:00 h e 19:00 h a 21:00 h os días laborables e de 12:00 h a 14:00 h os sábados, domingos e festivos.
  • Mostra dos traballos do concurso de carteis de Nadal. Do 1 de decembro ao 15 de xaneiro, exposición dos traballos participantes no Concurso de carteis de Nadal organizado polo Concello de Betanzos no 1.º andar do edificio Liceo, en horario de 10:00 h a 14:00 h e de 19:00 h a 21:00 h os días laborables e de 12:00 h a 14:00 h os sábados, domingos e festivos.
  • Mostra bibliográfica sobre o autor de libros infantís Charles Perrault. Do 1 de novembro ata o 31 de decembro, na Biblioteca Municipal de Betanzos A. Castelao desenvolverase a Mostra bibliográfica sobre o autor de libros infantís Charles Perrault, en horario de luns a venres de 10:00 h a 14:00 h e de 16:00 h a 21:00 h, e os sábados de 10:30 h a 13:00 h.
  • Mostra sobre o sexismo na publicidade comercial. No Edificio Liceo, a carón do Salón Azul no horario de apertura do edificio. Organiza o BNG comarcal. Ata este domingo.

E hai ocasión de se anotar a estas actividades:

  • Obradoiros de postais e de adornos de Nadal. Do 2 ao 16, en horario de oficina e na sede de Cruz Vermella Española, poderán facerse as inscricións para os obradoiros de postais e de adornos de Nadal, dirixidos a nenos e nenas de entre 5 e 10 anos, que organiza Cruz Vermella Española e a Asociación de Veciños do Casco Histórico e comerciantes do Casco Histórico.
  • Obradoiro de tarxetas de Nadal. Os mércores 7, 14 e 21, desenvolverase nas instalacións da Casa da Xuventude un obradoiro de tarxetas de Nadal en horario de 17:30 h a 19:00 h organizado pola Asociación de Mulleres Rurais Liafail.
Advertisements