O PP alega contra o recargo no IBI para segundas vivendas baleiras

Un edificio no centro de Betanzos

Un edificio no centro de Betanzos

O PP presentou alegacións en contra da modificación da ordenanza fiscal do IBI a fin de establecer un gravame do 50% ás segundas vivendas desocupadas ou baleiras de uso residencial. O PP sostén “que o Concello de Betanzos non podía levar a cabo a aplicación de leste recargo xa que non estaba regulado por parte da administración estatal a definición de que é vivenda baleira ou desocupada”. Afirman que xa que non existe “un reglamento de carácter estatal que así o permitise”.

Aseguran os conservadores nun comunicado de prensa que tanto o alcalde como o concelleiro de facenda, ambos do PSOE, “fixeron caso omiso tanto das recomendaciones do Partido Popular como tamén das advertencias unha vez máis de Interveción Municipal, e nas que se manifestou que esta subida podería ser nula de pleno dereito ao non existir como se mencionaba con anterioridade un reglamento estatal que o avalase”. O PP asegura que a aplicación da ordenanza modificada provocará múltiples pleitos para o Concello.

Por este motivo, defendendo aos propietarios de máis dunha vivenda, o PP presentou alegacións contra esta modificación no día de onte, demandando a retirada desta modificación. “O sucedido coa aplicación desta ordenanza, é un claro exemplo das políticas a seguir por parte do PSOE brigantino en concordancia e apoio das mareas en Betanzos” relata o PP. Din pretender “conseguir deste xeito a retirada deste incremento sobre o recibo do IBI que provocaría unha merma considerable nos petos daqueles veciños de Betanzos afectados”.

O PP responsabiliza deste recargo ao PSOE, “xunto aos grupos de mareas (Betanzos Novo e Betanzos en Común- que á súa vez é o edil electo pola candidatura de CxG tras apartarse da disciplina deste partido-) e os nacionalistas (BNG)”.

O recargo á vivenda baleira é unha vella reclamación do BNG á que no último ano sumouse tamén BN e mais CxG- agora BeC. Ata agora o goberno local do PSOE empregaba os argumentos que exhibe o PP para negarse a asumilo, mais desde que BN e CxG apoiaron o orzamento o PSOE prégase ás demandas destes grupos.

Advertisements