A Semana do Pincho terá como novidade un concurso en redes sociais

O executivo pretende explotar ao máximo o formato da semana da tortilla

O executivo pretende explotar ao máximo o formato da semana da tortilla

Desde hoxe arranca unha nova edición da Semana do Pincho, co mesmo formato que comparten desde o inicio este certame e o da tortilla, celebrado hai escasamente mes e medio.  As páxinas da campaña promocional do Concello en facebook e twitter organizan con este motivo un concurso fotográfico, co máximo dunha participación por usuario e rede social (é decir unha mesma persona poderá participar un máximo de dúas veces).

O prazo será no que dure o evento gastronómico, e para facelo abonda con subir publicamente unha fotografía dun pincho da ‘Semana do Pincho’ de Betanzos participante no concurso xunto a unha Coca-Cola, coa botella aberta e o logo ben visible. Como fondo da foto deberá verse unha parte do establecemento e o post deberá incluir o hashtag #PinchoBetanzos.

Os tres gañadores determinaranse mediante sorteo entre todos os participantes que cumplan estes requisitos, consistindo os premios en diversos lotes de produtos Coca-Cola. Os tres gañadores publicaranse tanto na páxina web do Concello de Betanzos como en redes sociais. “Nin Facebook, nin Twitter patrocinan, avalan ou administran de ningún xeito esta promoción nin están asociados a ela. O usuario desvencella totalmente a Facebook e Twitter e é consciente de que está proporcionando su información a Betanzos Tan Cerca e non a Facebook ou Twitter” engaden nas bases do certame.

 

Advertisements