ACEBE instalará un parque infantil no Campo dentro da súa campaña de Nadal

Antonia Anido é a presidenta da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos

Antonia Anido é a presidenta da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos

Abandonan a pista de xeo, cun consumo eléctrico desmesurado e unha proliferación alarmante en todos os recunchos do país, e optan por un parque infantil. A campaña de Nadal da Asociación de Comerciantes e Empresarios dá un xiro ao que viña sendo habitual e opta por renoverse. Seguirá premiando a fidelidade dos clientes con oito premios que suman un total de 1.500 euros, repartidos en cheques para cambiar nos comercios adheridos á entidade. Sortearanse, como ven sendo habitual, en base aos boletos que o comercio asociado reparta  entre o 12 e o 31 de decembro, cun sorteo ante notario que se celebrará o día 9 de xaneiro. Enfronte terán a caza de tiquets dourados dentro de chocolatinas que organizan os establecementos comerciais do Casco Histórico adheridos a Amigos do Casco Histórico, que estrea con imaxinación a súa primeira campaña de dinamización comercial, un terreo no que ACEBE viña tendo a exclusiva.

ACEBE instalará un parque infantil con xogos paradiferentes idades nunha carpa na Praza do Campo que estará aberto dende o 23 de decembro ata o 8 de xaneiro. Tiro, foamball, os populares clics de Playmobil, zona para menores de 4 anos ou obradoiros de clay mesturaranse cunha recollida de alimentos o día 23. Para acceder haberá que comprar entrada ou retirar convite nos locais adheridos.

A campaña conta cun importante financiamento externo á entidade, con axudas públicas procedentes de Xunta, Deputación, Concello e a colaboración de Gadis.

Advertisements