Cincuenta obras amateur pugnan por facerse un oco no VIII Encontro de Teatro Afeccionado

teatroO cartel do VIII Encontro de Teatro Afeccionado de Betanzos dará moito traballo á entidade organizadora, a Agrupación Teatral Mariñán. Desde as catro provincias do país chegaron un total de 46 obras que terán que ler, mirar e analizar para escoller as compañías que subirán ás táboas da aula de cultura do Liceo o vindeiro mes de febreiro.

Desde a entidade non agochan a súa satisfacción pola resposta recibida e agradecen a todos os grupos afeccionados tal avalancha de propostas. “Agora queda o difícil traballo de seleccionar aos catro que conformarán o cartel. En breve publicaremos os escollidos” indican.

Advertisements