O Betanzos cae en Carballo ante o Sofán

Betanzos_CFTraballada victoria local para os carballeses do Sofán nun choque marcado pola igualdade entre ambos conxuntos. Os locais saíron revolucionados e pronto inauguraron o marcador, ampliando a dous tantos a cero a vantaxe cando aínda non se cumprira a media hora de xogo. Pero a reacción dos betanceiros e dez minutos para esquecer polos bergantiñáns permitiron aos visitantes restablecer a igualada, mais a dous tantos.

Así se chegou ao descanso. O paso polo vestiario resultou clarificador para a escuadra local, que no 73 de xogo marcou o definitivo 3-2. Mais no último cuarto de hora varias tentativas visitantes puideron, aínda, devolver as táboas ao marcador.

O resultado deixa ao Betanzos na decimoquinta posición, sumando 18 puntos. A vindeira xornada batirase ao Chantada.

Advertisements