Arde un almacén de madeira en Vilasantar

Santa María de Mezonzo, en Vilasantar

Santa María de Mezonzo, en Vilasantar

Unha pequena parte das achas de leña que almacenaba unha fábrica de biomasa nun almacén en Vilasantar queimouse onte tras iniciarse un incendio por causas aínda por determinar. O lume iniciouse pouco despois das 13.45 horas nun alpendre na parroquia de Présaras. O propio persoal da empresa sufocou as chamas aínda que membros do GES de Curtis e bombeiros de Arzúa tamén acudiron ao lugar para asegurarse de que estaba extinguido. A madeira sacouse ao exterior para refrixerar e evitar que reiniciase as lapas.

Advertisements