O PP asegura que o pacto PSOE-Marea en Bergondo non ten credibilidade

Juan Fariña (sentado), voceiro de Anova, e detrás a alcaldesa de Bergondo, Alejandra Pérez (PSOE)

Juan Fariña (sentado), voceiro de Anova, e detrás a alcaldesa de Bergondo, Alejandra Pérez (PSOE)

“Escasa credibilidade” é o que, segundo o PP bergondés, ten a alianza anunciada entre o PSOE e a marca local da Marea, Anova, para que estes últimos accedan ao goberno socialista co cambio de ano. Sosteñen que resulta complicado crer que pretendan “poñer en marcha en vinte e catro meses proxectos e promesas que levan aparecendo no seu programa electoral durante os últimos dezasete anos”. O PP acusa aos edís de Anova de “venderse por intereses que deberán explicar aos veciños”.

A conservadora Noelia Fernández, voceira do PP tras a marcha coa acta da candidata á alcaldía Tita Sanjurjo, asegura que “non acabamos de entender que, despois de ano e medio dando longas, agora saquen da manga este acordo cando a única exixencia que demandaba Anova e que cumpriu a alcaldesa foi a de colocar un valo de madeira na praza de Carrio”. Neste sentido, cuestionan que os acordos do pacto conten coa “posta en marcha dun proxecto para recuperar a casa reitoral de Guísamo e o Pazo de Baldomir”, dúas propostas que foron levadas a pleno polo seu partido no mes de setembro, e que o novo goberno votou en contra, resumiu o actual número uno do PP.

PSOE e Marea emitiron o seu primeiro comunicado conxunto para arremeter contra os populares: “Entendemos que o PP de Bergondo estea desgustado co acordo alcanzado porque supón unha garantía de estabilidade e un impulso a proxectos que aos populares non lles interesa nin o máis mínimo” aseguran.

Críticas tamén nas redes sociais polos dous anos que levan cogobernando xa

Unha das montaxes das redes sociais sobre os pasos que foi dando en política o edil de Anova Juan Fariña. Foto do facebook de Benito Soto Troleada Dobao

Unha das montaxes das redes sociais sobre os pasos que foi dando en política o edil de Anova Juan Fariña. Foto do facebook de Benito Soto Troleada Dobao

Cun vídeo dunha traca de fogos de artificio recibiu o informativo dixital El Heraldo de Bergondo o anuncio da entrada da marea bergondesa no executivo do PSOE. “Con tanta nota de prensa cargada de grandes proyectos no hay nada mejor que celebrar el final feliz del culebrón a casi mitad de la legislatura” apuntan. “Mucho que se ha mejorado en el pueblo en este tiempo de bigobierno, ahora celebremos que tendremos que pagar por lo mismo.
Casi mejor vivir como pareja de hecho… si todo iba tan bien para que meterse en gastos” ironizan dándolle á alianza tratamento de casoiro.

“En fin, que entre todos los proyectos se les olvida que informarán de foma clara para que los vecinos lo puedan entener ¿ qué sentido tiene modificar las Normas Subsidiarias mientras se elabora un Pxom?… ya luego que nos hablen de los Centros Comerciales” apuntan.

Non foi o único web da rede social facebook que dedicou unhas liñas á entrada da marea no executivo socialista. O satírico Benito Soto Troleada Galega, que xa repasara nunha fotomontaxe o paso do voceiro da marea, Juan Fariña, por PP, BNG e CxG antes de recalar en Anova e logo na Marea, asegurou ao coñecer a nova que “Ghuan* Harina* (ex-PP, ex-BNG, ex-Compromiso, aghora* na Marea) vusca* o seu sitio….. i* o atola!”. Este web escribe nunha moi particular versión propia do galego, alcuñada trolego.

Advertisements