O PP volve exixir o amaño da ponte do Martinete, en Bravío

A ponte medieval de Roibeira, sobre o Mendo

A ponte medieval de Roibeira, sobre o Mendo, tamén na parroquia de Bravío

O PP insistiu na súa denuncia sobre o que consideran “grave estado de perigo” da ponte do Martinete. Os populares aseguran que xa trasladaran a situación da infraestrutura en varias ocasións e hai meses que reclamaron unha actuación na ponte ao goberno local.

O grupo popular denuncia que, aínda que o executivo municipal accedeu a retirar as árbores “estancadas” debaixo da ponte, “fixo caso omiso a unha das recomendacións máis preocupantes, que era a de levar a cabo canto antes a reparación das bases e alicerces desta ponte”. Lembra que a infraestrutura “serve de paso para veciños e residentes da zona e como ruta de paseo”.

Advertisements