Abegondo contrata cinco desempregados para axeitar a área de Beche

AULA DE NATURALEZA DE CRENDES. ABEGONDO

AULA DE NATURALEZA DE CRENDES. ABEGONDO

O Concello de Abegondo contrará e formará a cinco veciños desempregados para axeitar diversos espazos públicos dentro do marco do programa de emprego no medio rural da Consellería de Economía, Emprego e Industria. Concretamente serán un albanel, dous peóns de obras públicas e dous peóns forestais para facer traballos de limpeza e roza en leiras públicas como o parque de Beche e arranxos en beirarrúas, camiños ou estradas.

Tamén executarán  a limpeza e mantemento da contorna dos locais sociais, a roza e o acondicionamiento da leira municipal na contorna do edificio da agrupación de voluntarios de Protección Civil, doutra anexa ao campo da feira de San Marcos, da contorna da capela de Beldoña e de terreos municipais en Limiñón e As Quintás. Os brigadistas, ademais, acondicionarán un área verde en Xeixade, Sarandóns; manterán campos de fútbol municipais en Montouto, Crendes e Meangos, e repararán o firme de camiños e estradas en Figueroa, Sarandós, Montouto, Mabegondo, Abegondo, Crendes e Orto.

Advertisements