Alumnado do CEIP Vales Villamarín gozará esta mañá de dous concertos didácticos

Imaxe do CEIP Vales Villamarín

Imaxe do CEIP Vales Villamarín

Primeiro será unconcerto didáctico por conta do Quinteto Rubato e logo un concerto de “Entrelazados” a cargo do mesmo colectivo musical. Ao longo desta mañá boa parte do alumnado do CEIP Vales Villamarín de Betanzos, que engloba ao alumnado deste municipio e mais os de Coirós e Paderne, asistirá no salón de actos do centro a un pase musical incluído na Rede Cultural da Deputación da Coruña e programado polo Concello dentro das actividades de Nadal.

Advertisements