Feridas dúas mozas nun accidente na A-6 á altura de Coirós

Autovía do Noroeste á altura de Coirós

Autovía do Noroeste á altura de Coirós

Dúas mozas resultaron feridas ao saírse da vía o vehículo no que viaxaban. O accidente rexistrouse ás oito da mañá de onte no quilómetro 554 da N-6, en dirección Madrid. O coche envorcou e as dúas ocupantes quedaron atrapadas no interior. Un particular alertou do accidente ao 112, que desprazou á zona a bombeiros, 061 e Garda Civil de Tráfico. Os efectivos do parque comarcal de bombeiros de Betanzos excarceraron ás feridas, que estaban conscientes e que foron trasladadas por unha ambulancia do 061 ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC). A Garda Civil investiga as causas do accidente.

Advertisements