Biblos presenta esta tarde a novela ciberpunk “850 Aniversario”

O magnolio centenario da praza de Lanzós vese desde a vitrina da Libraría Biblos

O magnolio centenario da praza de Lanzós vese desde a vitrina da Libraría Biblos

A Libraría Biblos acollerá este serán, desde as oito, a presentación da novela “850 Aniversario”, do coruñés Félix Carreira Viso. Esta obra ciberpunk ambientada na Coruña obtivo o premio Somnium da editorial Mablaz.

Continúa a programación de Nadal

Para esta tarde, ademais, está prevista a apertura do belén móbil que ocupa toda a á esquerda do baixocuberta do Edificio Arquivo. Ofrecerá pases ata o 15 de xaneiro en horario de 18:00 h a 20:00 h os días laborables e nos días festivos de 12:00 h a 14:00 h e de 17:00 h a 20:00 h.

E se onte foi o alumnado do CEIP Vales Villamarín quen gozou de dous concertos didácticos, hoxe o goberno local dirixe a programación de Nadal ao colexio privado Nosa Señora do Carme-Atocha, onde o alumnado asistirá a unha sesión do espectáculo de maxia “O noso amigo o planeta terra”por conta do mago Javier Muro, dentro da Rede Cultural da Deputación.

A mesma Rede Cultural da Deputación ofrecerá unha sesión do espectáculo “A festa dos nenos” de Teatro del Andamio para o alumnado da escola infantil municipal, ubicada nas Escolas Jesús García Naveira, no solar do antigo mosteiro de San Francisco.

Do 13 ao 17 de decembro, na Sede da Fundación CIEC desenvolveranse unhas “Xornadas de portas abertas” con actividades lúdico-artísticas gratuítas, para máis información cómpre dirixirse á fundación.

Advertisements