Hoxe entréganse os premios do Concurso de carteis do Nadal

Postal gañadora de Nuria Beiro, que ilustrará o programa municipal dos festexos

Postal gañadora de Nuria Beiro, que ilustrará o programa municipal dos festexos

Para as sete e media do serán está prevista a entrega de premios do Concurso de carteis do Nadal organizado polo Concello de Betanzos, que gañou Nuria Beiro cun selfie dos Reis Magos coa torre do Campo. Terá lugar no Edificio Arquivo.

Antes, en horario lectivo, o alumnado da escola infantil Galiña Azul asistirá, no propio cenrto,  a unha sesión do espectáculo “A festa dos nenos” por conta da compañía Teatro del Andamio. A actuación está incluída dentro da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

E desde hoxe, ademais, iníciase unha campaña de recollida de xoguetes educativos novos non sexistas nin belicistas na sede da Cruz Vermella, de luns a xoves en horario de 9:00 h a 14:00 h, e de 16:00 h a 19:30 h e os venres de 08:00 h a 15:00 h.

O Clube Kwon ofrecerá, ademais, unha exhibición benéfica con diversas sorpresas o vindeiro sábado desde as catro da tarde no pavillón do Carregal. Recollen alimentos para persoas sen recursos.

Advertisements