O voceiro do PP en Betanzos toma posesión do seu asento no Senado

O PP quéixase da presenza de ratas na cidade. Na imaxe, Faraldo e o seu sucesor, Rodríguez Prieto, do PP, en comparecencia pública

María Faraldo co seu sucesor, Rodríguez Prieto, en comparecencia pública

O voceiro e último candidato do PP en Betanzos, José Ángel Rodríguez Prieto, tomou posesión onte do escano que ocupará no Senado. Rodríguez chega a ocupar este asento despois da renuncia da candidata nas eleccións do pasado mes de xuño, Paula Prado del Río, que retorna ao escano do Parlamento de Galicia ao que renunciara tras a súa implicación na trama Pokémon da que finalmente foi exonerada.

Á seguinte na candidatura,Belén Docampo, corresponderíalle ocupar a vacante no pazo da madrileña praza da Marina Española, pero a coruñesa manterase na Direción Xeral de Agricultura da Xunta, polo que finalmente o segundo suplente da terna que ofrecía a papeleta do PP, Rodríguez Prieto, foi quen se fixo coa cadeira da Cámara Alta.

Advertisements