Unha “farsa” que custará máis de 70 000 euros, o acordo bipartito segundo o PP bergondés

Sivlia Vázquez Cardelle é a presidenta da xestora do PP de Bergondo

Sivlia Vázquez Cardelle é a presidenta da xestora do PP de Bergondo

O pacto polo que Anova se incorpora e reforza o executivo socialista de Bergondo é, segundo o PP, unha “farsa” e un “engano” que supoñerá o desembolso de “máis de 70 000 euros” en salarios. Para os conservadores, esta cantidade será a necesaria para asumir a dedicación exclusiva de Juan Fariña e a dedicación parcial de Eloy Babío, os dous edís da marca local de En Marea que se suman ao goberno do PSOE “no que resta de lexislatura”.

Segundo o PP, “el paripé que han montado nada tiene que ver con dotar de estabilidad al gobierno municipal”. Para a voceira da dereita, Noelia Fernández, o único motivo que xustifica a entrada de Anova no goberno do PSOE é “el interés económico de ambas partes”. Asegura que co pacto a rexedora, Alejandra Pérez, está  “comprando el silencio” dos edís da marea bergondesa, de maneira que en diante “y con los bolsillo llenos, mirará para otro lado en muchas cosas”.

O PP reprocha o cambio de criterio de Fariña e Babío con respecto ao incremento do número de dedicacións exclusivas e parciais no Concello. Lembran que cando PSOE e Veciños de Bergondo (VB) conformaron o anterior goberno bipartito bergondés, ambos os dous edís de Anova- naquela altura como non adscritos tras marchar do BNG coas actas obtidas en 2011 coa formación nacionalista- negáronse a que os edís do goberno cobrasen un salario. ” Es curioso que en esta legislatura Anova, sabiendo que podría entrar en el gobierno, apruebe incrementar el número de dedicaciones, pasando de una –la de la alcaldesa- a añadir también varias parciales”,indica a voceira conservadora, que arremete contra os 36 400 euros anuais da nómina da rexedora.

O PP acusa aos edís de Anova de “venderse” por intereses que, aseguran, deben explicar aos veciños xa que das trece medidas iniciais que demandaban para incorporarse ao executivo do PSOE só se cumpriu unha, aseguran. “No acabamos de entender que, después de año y medio, ahora se saquen de la manga este acuerdo cuando la única exigencia que demandaba Anova y que ha cumplido la alcaldesa ha sido la de colocar una valla de madera en la plaza de Cario”.

En plena sintonía cos argumentos dos conservadores, o dixital El Heraldo de Bergondo ironizaba en facebook onte coas xustificacións dadas ao pacto polo voceiro de Anova, Juan Fariña, e mais pola alcaldesa, Alejandra Pérez:

“Dar una estabilidad que antes no tenía”… después de año y medio de apoyo incondicional y vendiendo que gracias a la buena sintonía se estaban haciendo grandes cosas… en fin, que todo se quedó en proyectos como aquellas 13 medidas que se quedaron en amagos, de nada sirvieron los ultimátum.
¿Areas de gobierno compartidas? …¿ es una manera de “decorarlo” para que parezca ligth o se van a compartir los sueldos también? Se da por supuesto que si se comparte el trabajo hay que compartir el salario.
Pinta más a que vamos a tener sorpr€sas…demasiada decoración lingüística.

Advertisements