Abegondo dá seis días para presentarse a un concurso para tres prazas de laboral temporal

José Antonio Santiso Miramontes  é o alcalde de Abegondo

José Antonio Santiso Miramontes é o alcalde de Abegondo

O Concello de Abegondo convocou a contratación de tres prazas de persoal laboral temporal: un normalizador lingüístico, un técnico deportivo e un animador sociocultural. O Concello cubrirá estas prazas a través dun concurso. Os interesados en optar aos postos dispoñen dun prazo de seis días naturais contados a partir de hoxe para presentar as súas solicitudes. As bases da convocatoria están colgadas na páxina web do Concello.

O goberno do PP salta por riba das esixencias legais, que establecen un prazo mínimo de dez días para a presentación das solicitudes para participar nos procesos selectivos. Ademais, as bases deste concurso réxense por unhas bases de contratación de persoal laboral temporal de 1998, que, obviamente, non están adaptadas á actual normativa de emprego público.

Advertisements