Cinema infantil os domingos de decembro no Alfonsetti a conta da Deputación

As proxeccións serán no Alfonsetti, que continúa sen equipamento audiovisual

As proxeccións serán no Alfonsetti, que continúa sen equipamento audiovisual

O Alfonsetti reabre este mes como sala cinematográfica para pasar catro películas infantís dentro dun ciclo patrocinado pola área de Cultura da Deputación da Coruña. Así, logo das funcións dos pasados días 4 e 11, as seguintes serán o 18 e o 27 deste mes. En xaneiro haberá outra sesión o día 2. O Regreso ao País de Nunca máis, Cars, Copito de Neve, Donkey Xote, Noite de Paz? Holy Night, son as películas que se proxectarán.

O Alfonsetti, malia este ciclo, continúa sen equipamento audiovisual a pesar de que o alcalde anunciou varias veces a adquisición do mesmo e chegou a incluílo nos orzamentos, sen compralo. Recentemente o BNG propuxo adquirir un equipamento portátil, que permita equipar esta sala e organizar proxeccións como este ciclo noutros locais sociais do Concello.

Advertisements