O Consello da Cultura Galega recorda o aniversario de Pepito Arriola

Pepito Arriola posando ante o piano

Pepito Arriola posando ante o piano

O Consello da Cultura lembrou onte, a través da súa conta na rede social facebook, o nacemento do compositor e pianista betanceiro Pepito Arriola tal día coma onte en 1895. “A súa obra musical editada polo Consello da Cultura Galega contribúe a rescatar do esquecemento e dar a coñecer a súa figura, un precoz e extraordinario pianista e un dos mellores compositores galegos da primeira metade do século XX” explicaban.

“A recuperación histórica e biográfica da obra de Arriola pode reputarse aínda máis importante se temos en conta a lamentable circunstancia da desaparición da maior parte da obra e da memoria musical de Arriola –a discografía, a biblioteca e toda música escrita−, vítima dos bombardeos aliados da cidade de Berlín, onde residía á altura de 1945, nos momentos finais da Segunda Guerra Mundial” engadían sobre a perda de boa parte das composicións do Mozart brigantino.

Advertisements