O Nadal leva un espectáculo de maxia ao Vales

Postal gañadora de Nuria Beiro, que ilustrará o programa municipal dos festexos

Postal gañadora de Nuria Beiro, que ilustrará o programa municipal dos festexos

Esta mañá desenvolverase no no CEIP Francisco Vales Villamarín o espectáculo “Maxia a 3” por conta do Mago Rafa, incluído na Rede Cultural da Deputación da Coruña e dirixido ao alumnado do centro. Ademais, outros cursos gozarán de dúas sesións do espectáculo “A festa dos nenos”por conta da compañía Teatro del Andamio, dentro tamén da Rede Cultural que deseña o departamento de Cultura da Deputación provincial, que dirixe a nacionalista Goretti Sanmartín.

Ademais, o CIEC abre hoxe a exposición colectiva de obra gráfica de artistas e novos valores titulada “RegalArte. Arte gráfico para sorprender”, que permanecerá na Sala de Exposicións Temporais da Sede da Fundación CIEC, de martes a sábado en horario de 10:00 h a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h ata o 15 de xaneiro.

Advertisements