Autos Vázquez planea reducir servizos en cinco concellos desde A Coruña a Vilasantar

A compañía de transporte Autos Vázquez solicitou á Xunta unha “reestructuración xeral das expedicións” no contrato de transporte público regular de pasaxeiros que realiza na liña entre A Coruña e Mezonzo (Vilasantar), atravesando varios concellos da comarca. Tamén reclama unha modificación no número de autobuses e na súa capacidade para adaptar o servizo á demanda existente debido ao “desequilibrio económico” que lle produce este liña, deficitaria pola “disminución crecente e continuada de viaxeiros”, nunha liña que vai a zonas rurales e algunhas moi despobladas.

A empresa propuxo deixar de facer servizos a sete lugares de cinco concellos: Guísamo (Bergondo), Viladesuso e Piadela (Betanzos), Paderne e Camarada (Oza-Cesuras), A Mota (Cambre) e Limiñón (Abegondo). Agrega que tamén abandonaría os tramos que unen Fraiz con Guiliade; O Rilo con Presedo, Trasanquelos a Cesuras, así como Montellos e Cos e tamén entre O Burgo e Casas Novas pola Autovía A-6 e a autopista AP-9.

“Tanto estes tramos como as poboacións indicadas non xeran ningún tráfico no noso contrato de xestión”, polo que “non ten sentido cubrir os mesmos con vehículos en baleiro”, sinalou a empresa no escrito presentado á Xunta este ano. Esta demanda de modificar as condicións do servizo da liña entre A Coruña, Présaras e Mezonzo coas súas anexos, xa a suscitaron en 2014, sen resposta do Executivo galego.

Xunto a este abandono de servizos (recordan que por Guísamo, Viladesuso, Piadela, Camarada e Limiñón xa van outras empresas) tamén propón novos percorridos como o tramo entre Presedo e Cos en Cesuras, que non é novo porque xa discorría por aquí a antiga concesión. Volveríase a utilizar sen paradas intermedias, polo que non afectaría a outras concesións. A empresa tamén quere incorporar paradas que non supoñerían novos percorridos, excepto na Coruña onde queren parar tamén na rúa Juan Flórez. “A redución do número de vehículos e prazas supón tamén unha redución de custos”, agregan ao indicar que se baixaría a catro buses.

Advertisements