Condenados a dous anos de cárcere por estafar a unha muller e deixala sen diñeiro nin piso

xornalA Audiencia Provincial condenou aos dous administradores solidarios da mercantil xa disolta Fincas Hércules a dous anos de prisión por un delito de estafa impropia, ao concertar un contrato privado de compraventa dun piso en construción en Betanzos cunha muller e deixala despois sen diñeiro e sen vivenda.

Os socios fixeron contrato de venda do piso en 2006 por un total de 95.000 euros máis IVE e no documento especificábase que se vendía sen ningunha carga.

A compradora entregou cantidades a conta nese momento e en 2007. Logo de asinar o contrato, en 2008 os empresarios concertaron unha hipoteca sobre este piso por 71.600 euros sen dicirlle nada á muller e ao ano seguinte disolveron e liquidaron a sociedade, sen informala tampouco pero collendo novos pagos, ata un total de 54.194 euros. Agora deben devolverlle esta cantidade máis os intereses así como outros case 5.000 euros.

Advertisements